CARTEL NOITE DAS FERREÑAS 2014

Xa chegamos á X Edición da Noite das Ferreñas que terá lugar o vindeiro sábado día 23 de agosto en Viana do Bolo na Praza Maior.

Dende a organización indican que para celebrar o décimo aniversario terá lugar unha representación moi enxebre e orixinal:  a do proceso da malla.

Como podedes ver no cartel, poderemos disfrutar de a malla tradicional que levarán a cabo os veciños e veciñas dos pobos de Punxeiro e Quintela do Pando, empregando métodos,  apeiros e roupas tradicionais que serán unha fiel representación do que se facía antaño. Todo elo acompañado por catos e bailes tradicionais.

Cando rematen, xusto a hora do xantar, poderanse disfrutar duns cordeiros guisados na misma leira onde se realizou a sega. Para cumplir coa tradición, tras a comida deberá de haber a correspondente siesta.

Pola tarde, os veciños e veciñas que participan na malla dirixiranse a vila de Viana cos seus carros cargados de cereal esperándose a chegada á Praza maior entorno ás 18:00h, hora escollida para comenzar coa representación do proceso da malla e tamén coas actuacións dos grupos de ferreñas.

Os grupos que participarán van ser:

  • Grupo Candaira de Verín
  • Asociación de Mulleres Rurais de San Pedro de Queizás
  • Asociación de Mulleres Rurais Tamagos
  • Asociación de Mulleres Rurais As Candelas de Pazos
  • Asociación de Mulleres Rurais A Ribeira de Vilaza
  • Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo de A Rasela
  • Asociación Abaneo de Viana do Bolo
  • Asociación Candea de Viana do Bolo (por confirmar)
  • Grupo de Pandereteiras de A Veiga (por confirmar)

Se coida que a festa rematará entorno as 23:00h, tras o que haberá unha degustación de pinchos para os participantes na festa  (malladores e pandereteiras), que terá lugar nos Xardíns do Cabo da Vila (casco antigo de Viana do Bolo).