Visita de rapaces e rapazas do campamento urbano da Asociación Amencer visitan o centro sociocomunitario de Ourense Centro

Visita de rapaces e rapazas do campamento urbano da Asociación Amencer visitan o centro sociocomunitario de Ourense Centro.

Campa urbano no CS Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  acompañou na mañá de hoxe a un grupo de nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, participantes no Campamento Urbano organizado pola Asociación Xuvenil Amencer que visitaron o centro sociocomunitario Ourense-centro para coñecer de preto o seu  funcionamento.

Rogelio Martínez explicoulles a estes visitantes cativos o labor desenvolvido por estes centros: ofrecer actividades e servizos co obxectivo de conseguir a prevención da dependencia, que teñan un lugar para reunirse propiciando a integración social no grupo e que os usuarios e usuarias participen nas actividades e se relaciones activamente con outras persoas.

O delegado informoulles aos participantes do campamento urbano que na provincia ourensá, a administración autonómica xestiona 11 centros destas características.

Martínez animounos ao diálogo interxeracional  e a aproveitar os coñecementos dos nosos maiores . “A interacción entre mozos e maiores é fundamental para romper os estereotipos e prexuízos ligados á vellez e favorecer a plena integración deste colectivo na sociedade. As persoas da terceira idade realizan unha importante contribución ao mantemento do estado de benestar a través da súa experiencia e o seu capital social”, asegurou o delegado territorial.

A visita enmárcase dentro do programa de actividades do Campamento Urbano que este ano celebra a vixésimo sétima edición e que de desenvolve ata o vindeiro 14 agosto.

Campamento urbano no CSOurense

También te podría gustar...