“Viana di non á violencia machista”

  • 25N: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade , ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas a toda a poboación vianesa:

O lema deste ano será “Viana di non á violencia machista”

  • Do 22 ao 26 de novembro: Desafío- Challenge a través das Redes Sociais no que as persoas participantes deben, cada día da semana, contestar a consigna ou recomendación que se lle propón.
  • 22 e 23 de novembro: Obradoiros de igualdade no IES Carlos Casares (sobre os mitos do amor romántico e sobre os perigos dun mal uso de internet e Redes Sociais).
  • 24 de novembro: Obradoiro para nenos/as de 6 a 12 anos, na Biblioteca Municipal.   Que é a igualdade??  E o bo trato?? Practican @s nos@s participantes o «bo trato» cos/as  compañeir@s? Abordaremos estas e outras cuestións nun obradoiro educativo e moi divertido… (Con inscrición previa no CIM).
  • 25 de novembro:
    • Pola mañá: Manifestación e lectura dun manifestó contra a violencia machista , mesa informativa, photocall
    • Pola tarde: Performance (Unha pequena posta en escena participativa para  visibilizar e recordar as vítimas mortais de violencia de xénero do 2021)  (Con inscrición previa no CIM)

 

  • 28 de novembro: Andaina baixo o lema «Viana di non á violencia machista! Con reparto de mochilas e avituallamento para os participantes.