VI Encontro Internacional de Poesía

Rosendo Fernández recibiu a poetas de distintos países na Deputación de Ourense

  • Visitaron hoxe xunto a membros do Círculo Poético Ourensán o ente provincial con motivo do «VI Encontro Internacional de Poesía».

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a membros do Círculo Poético Ourensán, quen, xunto con poetas de distintos países, visitaron o ente provincial con motivo do «VI Encontro Internacional de Poesía». Durante o encontro, Rosendo Fernández, explicoulles o funcionamento da Deputación de Ourense e agradeceulles o interese por coñecer a sede do goberno provincial.

Rosendo Fernández recibe a poetas de distintos países

O VI Encontro internacional de poesía é un evento co-organizado pola Deputación de Ourense, que conta coa participación de poetas de Portugal, México, Bolivia, Colombia e Alxeria. Os poetas visitarán na xornada de mañá os colexios Manuel Sueiro, O Couto, Salesianos e a Universidade Laboral, para achegar a poesía aos máis novos. Durante os días 2, 3 e 4 de outubro, o programa da sexta edición do «Encontro Internacional de Poesía» acolle espectáculos de música, teatro e poesía, así como a «Gala Círculo Poético Ourensán» que terá lugar no Centro Cultural «Anxel Valente», onde o Círculo Poético Ourensán, entregará os premios á promoción e difusión da cultura, que este ano recaen en Onda Cero polo seu programa «Ourense na onda», en Marina Sánchez polo programa cultural de Telemiño «El Rompecabezas» e na Rondalla «Alecrin».