Valoración do Concello de A Pobra de Trives: ‘As actividades de Nadal tiveron un seguimento masivo’

A Pobra de TrivesValoración do Concello de A Pobra de Trives: ‘As actividades de Nadal tiveron un seguimento masivo’.

O alcalde mostrase “moi satisfeito polo grado de implicación da xente”. 

A programación de Nadal do Concello da Pobra de Trives contou coa implicación e a participación da maioría dos veciños e veciñas. Todo comezou o día 5 de decembro e rematou un mes despois. O deseño da programación cultural e de lecer contou coa implicación das distintas áreas de goberno do Concello e co impulso decisivo da cidadanía que coa súa asistencia valoraron de forma positiva o plan municipal para o tempo de Nadal.

O alcalde, Francisco José Fernández, asegurou que “hai motivos para sentirnos satisfeitos” e recalcou “que a participación da xente é a clara mostra de que acertamos coa proposta”. Puxo en valor así mesmo que “o custe das actividades foi mínimo e isto acredita que con traballo, imaxinación e decisión pódense seguir facendo cousas como demostramos ao longo de todo este tempo”.

Especialmente relevante, pola  número de participantes, foi a cabalgata dos Reis Magos que congregou a numerosas familias. Tamén o resto de actividades ao aire libre como os xogos para os máis pequenos: Colchonetas hinchables, concurso de faroliños e contacontos foron aproveitadas por os nenos e nenas da vila.

Xunto as actividades máis populares, a programación reforzouse con propostas culturais como dous concertos de piano, conferencias sobre seguridade na rede, unha obra de teatro a cargo de Gargallada, certamen de corais e cine todas as semanas e durante todo o mes.

A programación completouse con actividades deportivas: Torneos de fútbol sale e sendeirismo.

A intención do Goberno local, segundo resaltou o rexedor Francisco José Fernández, é a de seguir traballando a reo para “ofrecer propostas a todos os veciños e veciñas” e “ convertir a Trives nunha plataforma para que os artistas da vila ou da comarca poidan mostrar o seu acreditado traballo”.

También te podría gustar...