axenda-dixitalNo 5º informe do Observatorio Económico Ourensán presentado onte en Ourense, vense luces e sombras na nosa comarca. Certo é que en localidades coma O Barco redúcese no último ano o paro nun 17%, pero non é mais certo que Valdeorras foi a segunda comarca de Ourense que máis emprego perdeu desde o comezo da crise, co cal ñe a que máis debe de recuperar.

O dato máis esperanzador ó noso entender amóxase no dato vencellado ao emprego tecnolóxico.

Sendo como é un dos sectores prioritarios para as AAPP no que se esforzan en que saian emprendedores, atopámonos con que en todo a provincia hai 3.482 empregos tecnolóxicos nesta provincia que en comparación co estudo realizado a finais de 2012, sitúa un case inapreciable repunte do 0,3%.

A gran maioría das comarcas presentan incrementos significativos de emprego tecnolóxico, con subidas superiores ao 20% encabezas pola nosa comarca.

Outras con bo ritmo de crecemento no emprego tecnolóxico son comarcas coma Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Celanova.

Tristemente, na comarca de Ourense cunha caída dun 12% e na comarca de Viana cun 14%, perdéronse tantos empregos tecnolóxicos que contrarrestaron a subida do resto da provincia.