Vacinación gratuita contra o cancro dos castiñeiros

  • O Concello de A Rúa editou un bando para lembrar que Medio Rural mantén a línea de axudas para a vacina á que se pode optar ate o vindeiro 15 de de decembro

Souto de A Rúa

 

O Concello de A Rúa editou un bando  para lembrar ós veciños que teñan castiñeiros ou soutos que a Consellería de Medio Rural mantén unha línea de axudas para a vacina contra o cancro dos castiñeiros.

Castaño en A Rúa

 

A vacinación, dí a institución local, continúa a ser gratuita para todas as persoas que o soliciten mentres haxa doses disponibles.

O prazo para solicitala é ate o vindeiro xoves, 15 de decembro. Para acceder a esta axuda só é preciso dirixirse ó Concello de A Rúa e inscribirse no listado que dende a institución local “transmitiremos ao Distrito XIII da Consellería de Medio Rural”.

Castaño de A Rúa

 

Este programa gratuito escomenzou no ano 2011 e, dende entón, lévanse vacinados máis de 50.000 castiñeiros.

O cancro do castiñeiro o causa un fungo. O síntoma máis característico consiste na presencia de “chancros” sobre o tronco e ramas que produce a morte dos brotes.

Bando

 

También te podría gustar...