Unha xornada técnica informa das liñas de axuda ás empresas

  • Está organizada por AEVA e acudirán representantes dá Xunta

aevaO salón de actos do Edificio Multiusos de O Barco será sede hoxe,  xoves,  a partir das 19:00 horas, dunha xornada informativa sobre as “Axudas para as PEMES galegas da Consellería de Economía, Emprego e Industria 2016”.

Esta xornada está  organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA)  en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)  e a citada Consellería.

O  programa comenza ás 19:00 horas ca inauguración do mesmo por parte de Javier Rodríguez Paradelo , presidente de AEVA, e  Marisol Díaz Mouteira , delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense

Ás 19:20 horas abordaranse  as “Liñas de apoio ó emprego  as PEMES galegas”, das que falará Covadonga Toca Carús , secretaria Xeral de Emprego .

Posteriormente,  ás 19.40 horas, exporanse as  “Liñas de axuda ó comercio”, neste caso por parte de  Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio.

Finalmente, as  20:00 será o turno para as “Liñas de apoio para as PEMES galegas e outras axudas”, das que falará Curro López Martínez, subdirector de Informacióndo  Igape

As 20:30 horas pechará a xornada Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Para participar na xornada técnica é necesario formalizar a inscripción en AEVA.

También te podría gustar...