Un total de 43 empresas galegas participan na Feira nacional do viño de Ciudad Real

descargaUn total de 43 empresas galegas participan na Feria Nacional del Vino “Fenavin”, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro xoves en Ciudad Real. A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, desprazouse ata esta localidade castelá manchega para apoiar coa súa presenza a promoción dos viños e augardentes galegos neste certame.

Nesta edición de Fenavin están representadas as cinco denominacións de orixe de viños de Galicia (Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e as indicacións xeográficas de augardentes e licores tradicionais da nosa Comunidade. En total, as 43 empresas galegas do sector ocupan unha superficie expositiva de 308 m2 en dúas “illas” expositivas situadas nos pavillóns 3 e 4 da feira.

A Consellería do Medio Rural e do Mar colabora coa promoción dos viños e augardentes galegos asumindo parte do custe do chan do certame e participando activamente na coordinación da asistencia conxunta da representación da nosa Comunidade baixo a marca “Galicia”.

Datos de Fenavin

Esta é a oitava edición de Fenavin, feira organizada pola Deputación de Ciudad Real e que está considerado o certame monográfico de referencia do viño español, especializándose desde os seus inicios no negocio exterior.

Fenavin 2015 reúne a 1.361 adegas españolas con viños de todas as denominacións de orixe do país e conta con 29.200 m2 de exposición distribuídos en 7 pavillóns. Está prevista a participación duns 12.000 compradores nacionais e 3.200 internacionais (procedentes de máis de 65 países) e a realización de 180.000 contactos comerciais.

También te podría gustar...