«Un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas»

  • Gabriel Alén o reivindica
    • No acto de inauguración dos XXII Xogos autonómicos de atletismo Special Olympics Galicia
  • O delegado territorial explicou o traballo permanente da Xunta pola inclusión e sinalou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”
  • Para Gabriel Alén o deporte é unha das ferramentas máis potentes que ten a sociedade para acadar a integración plena des persoas con discapacidade intelectual
  • A Consellería de Política Social ven asinando diferentes convenios de colaboración con Special Olympics que suman máis de 2,1 M de euros nos últimos 10 anos

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reivindicou “un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas. Un deporte que non entenda de xénero, nin de idades, nin de condicións». Así o subliñou esta mañá no acto de inauguración dos XXII Xogos autonómicos de atletismo Special Olympics.

«Sodes a viva representación de todos e cada un dos valores que agocha o deporte: sacrificio, resiliencia, esforzo, traballo, constancia, compañeirismo e sobre todo, inclusión»; deste xeito dirixiuse o delegado territorial aos participantes aos que significou que o deporte é unha das ferramentas máis potentes que ten a sociedade para acadar a integración plena des persoas con discapacidade intelectual.

Gabriel Alén amosou a súa admiración e recoñecemento polos participantes desta iniciativa. “Substantivos -engadiu o delegado territorial- que resumen os meus sentimentos polas persoas que son exemplo permanente de superación e que entenden, igual que eu entendo por profesión e devoción, que das cinco áreas fundamentais do adestramento deportivo: resistencia, velocidade, forza, habilidade, e espírito, o máis importante é este último por ser o lugar onde habita o progreso e descansa o predominio”.

O representante do Goberno galego en Ourense salientou o traballo permanente da Xunta pola inclusión das persoas con discapacidade. Nesta liña, recordou que “a discapacidade, sexa do tipo que sexa, debe atenderse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva. Non se trata de adaptarse para integrarse na sociedade, senón que é ela a que debe estar atenta ás necesidades de cada persoa”.

 

Convenio

Neste sentido, González Alén puxo en valor a colaboración da Consellería de Política Social con Special Olympics a través dun convenio que permite a organización de actividades deportivas adaptadas, ocio, accións formativas e a promoción do voluntariado. Nos últimos dez anos, este entidade recibiu máis de 2,1 millóns de euros ao abeiro deste acordo.

 
Special Olympics

Special Olympics é un movemento internacional que está presente en 170 países, alcanza a 3,7 millóns de deportistas con discapacidade intelectual que participan en máis de 32 modalidades deportivas de verán e inverno.

Seguindo os pasos que viñan de internacional, Special Olympics España estableceuse en España en 1991 da man da Infanta Dona Elena de Borbón, quen é a presidenta de honor de SOE. Aos poucos, a organización no territorio español foi collendo forza ata converterse en movemento de referencia no sector da discapacidade. E é que os últimos pasos dados avalan o noso traballo e filosofía. En 2006 constituíuse a fundación e obtivo o recoñecemento do Consello Superior de Deportes, e en 2011 foros nomeados membros do Comité Paralímpico Español.

A nivel estatal están presentes en 13 comunidades autónomas, xa sexa sendo Special Olympics autonómicos ou ben cun convenio de colaboración, ademais de Ceuta e Melilla. O alcance chega a 16.000 deportistas e 4.500 persoas entre voluntarios e adestradores que participan en 16 modalidades deportivas distintas.

En Special Olympics ofrecen adestramento deportivo e competición atlética durante todo o ano a persoas con discapacidade intelectual en diferentes modalidades deportivas, co obxectivo de que desenvolvan aptitudes físicas, demostren valor, participen nun intercambio de dons, destrezas e compañeirismo coas súas familias, atletas Special Olympics e a sociedade en xeral. Teñen o convencemento que as persoas con discapacidade intelectual poden aprender, gozar e beneficiarse da participación en deportes individuais e de equipo.

También te podría gustar...