Última hora: brote de Covid-19 en Monforte

  • Actualización 19/08/2020: 28 casos confirmados

 

  • Comunicado oficial sobre un brote de Covid-19 en Monforte (18/08/2020)

Dende a área sanitaria de Lugo trasladouse ós responsables municipais do Concello de Monforte a existencia de 8 casos de positivo por Covid-19 na cidade, no número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Persoal sanitario do Sergas están a facer as correspondentes probas PCR no edificio que se ubica no citado numero, a fin de confirmar outros posibles casos positivos por Coronavirus.

A tal efecto, dende o Concello de Monforte púxose á disposición de dito persoal sanitario efectivos da Policía Local, que xunto con efectivos doutros Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, están a colaborar na realización das mencionadas probas PCR.

Os responsables do Concello teñen o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes, de que seguirán sendo informados sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación con este brote.