A Policía Autonómica imputa un veciño coma presunto autor dun incendio forestal en Quiroga

quiroga_concello_150_90Membros da Policía Autonómica de Lugo, procedeuse á imputación dun veciño de Quiroga, na provincia de Lugo, como presunto autor dun delito de incendio forestal, ocorrido o pasado día 15 na parroquia de Santa María de Hermida, do Concello de Quiroga (Lugo), afectando a unha extensión de 2.000 metros cadrados de monte de superficie arborada.

O incendio produciuse como consecuencia dunha queima realizada de forma neglixente ao non adoptar as medidas preventivas que se establecen para a prevención dos incendios forestais. Destácase a colaboración dos axentes da Brigada do distrito forestal Terra de Lemos, tanto na extinción como das labores de investigación para o esclarecemento dos feitos.

No que vai de ano, a Policia Autonómica leva imputadas a 9 persoas coma presuntas autoras de delitos de incendios forestais.

También te podría gustar...