ver

Unión Xeral de Traballadores suscitará ao resto de organizacións sindicais e ao Cumio Social a convocatoria de mobilizacións en todos os territorios co fin de avanzar cara á universalización do traballo decente para mañá día 7 de outubro no que se celebra a Xornada Mundial polo Traballo Decente, convocada pola Confederación Sindical Internacional (CSI).

Durante esta xornada, reclamarase emprego de calidade e con dereitos e estimular programas de creación de emprego e de protección aos desempregados e colectivos de especial vulneración, como o caso dos mozos, os parados de longa duración ou os maiores de 45 anos.

Ademais, UGT demandará un cambio de rumbo nas políticas co fin de que se establezan as bases necesarias para consolidar un novo modelo que xere empregos nos novos sectores máis produtivos e conseguir saír dunha vez da crise cun modelo económico máis xusto, eficiente e sostible.

As concentración serán por toda Galicia, sendo en Ourense na capital prevista ás 12:00h fronte a Subdeleación Goberno no Parque San Lazaro.