Turismo de Galicia continúa a súa aposta pola promoción internacional con promocións en Roma e na cidade polaca de Lodz

La Xunta promueve el turismo de naturaleza gallego en la feria INTUR de Valladolid

 

Turismo de Galicia continúa neste mes de maio coa súa campaña de promoción internacional coa participación en dous eventos que se desenvolverán en Roma e na cidade polaca de Lodz.

Trátase de accións de promoción dirixidas ao público final coa difusión en centros comerciais dos valores turísticos máis importantes de Galicia.

Deste xeito, ao longo da fin de semana, Turismo de Galicia instalará un stand baixo o paraugas promocional de Turespaña no centro comercial Porta di Roma, un dos máis concorridos da capital italiana no que persoal especializado en promoción turística de Galicia facilitará información ao público visitante. Ademais, haberá degustacións de produtos gastronómicos da Comunidade galega.

Así mesmo, Turismo de Galicia participará tamén nesta fin de semana no evento organizado por Turespaña en Polonia, Hiszpania w Manofaktura, no que promoverá a oferta turística galega no centro comercial Manofaktura da cidade de Lodz. Nesta contorna, Turismo de Galicia ofrecerá información turística ao público, así como degustacións de produtos senlleiros da gastronomía galega.

Dous mercados en crecemento
No pasado ano 2014 rexistráronse preto de 115.000 viaxeiros italianos aloxados nos establecementos regrados de Galicia, cifra que superou nun 29% o dato do anterior ano 2013.

Este incremento traduciuse tamén nunha mellora das pernoitas, do 22% neste caso, ao rexistrarse máis de 165.000 no pasado ano.

Deste xeito, o mercado italiano representou en 2014 o 9,3% do total da demanda turística internacional de Galicia consolidándose como o cuarto mercado estranxeiro da nosa Comunidade, so por detrás de Portugal, Alemaña e Francia.

No que respecta a este ano, no primeiro trimestre rexistrouse tamén un incremento importante do mercado italiano nos establecementos hoteleiros de Galicia, superando nun 58% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 43,5% o número de noites do mesmo período do pasado ano.

Tamén o mercado polaco experimentou un forte crecemento en Galicia no pasado ano 2014, rexistrando un crecemento do 48% tanto na súa cifra de viaxeiros aloxados como nas pernoitas.

También te podría gustar...