«Travesías» de Liliana Benveniste en Monforte

  • O Concello e a Red de Juderías traen a Monforte un concerto de música sefardí, coa cantante Liliana Benveniste
  • A Praza de Dr. Goyanes acollerá este venres 20 de maio a partir das 8 da tarde o concerto desta prestixiosa artista arxentina
  • A entrada será de balde ata completar o aforo da praza

 

O Concello de Monforte de Lemos e a Red de Juderías de España, organizn para o venres 20 de maio ás 20:00 h na praza do Doutor Goyanes o concerto «Travesías» de Liliana Benveniste, concerto de cancións da tradición sefardí en lingua xudía-española.

As antigas e nostálxicas cancións sefardíes, que tanto camiño levan andado por oriente e occidente, fan agora unha nova viaxe da man de Liliana Benbeniste.

O repertorio sefardí inclúe cancións de amor, relatos de historias, temas humorísticos e escenas del ámbito paralitúrxico.

Liliana Benveniste, nada en arxentina e descendente de sefardís de Turquía, agrega a tal repertorio tangos arxentinos en unha singular versión en ladino. O seu prestixio no mundo artístico levouna a actuar en múltiples escenarios de Europa e América, recentemente tivo da man do Centro Sefarad-Israel e do Instituto Cervantes ocasión de actuar en Marrocos.

Nesta ocasión Liliana Benveniste ofrece un espectáculo titulado «Travesías» que recolle cancións da tradición sefardí de variados estilos e lugares xunto con cancións contemporáneas en lingua xudía-española, froito do traballo de búsquea e creación desenrolado por ela mesma. Trátase en definitiva dunha viaxe musical a través da xeografía que albergou ao pobo xudeu logo da expulsión de 1492 e ata os nosos días.

 

También te podría gustar...