• El grupo político Son de Trives ha remitido un comunicado a raíz del pleno de ayer 31 de mayo de 2016

 

Son de Trives:

  “De cando a democracia abandonou o concello de Trives

11041724_100515006949084_6540880591343490681_nO pleno do concello de Trives celebrado o martes, 31 de maio, parecía trancurrir con corrección e normalidade:

Tomaronse varios acordos aprobados por unanimidade como a rebaixa do concello da súa participación en MEISA, o apoio á creación dun centro público de atención a persoas con diversidade funcional en Ourense, a moción de Son de Trives instando a evitar o uso de herbicidas con glifosato no termo municipal de A Pobra de Trives, a moción de Son de Trives para declarar a oposición do concello aos tratados de libre comercio (TTIP, CETA, EPA, TISA): o que ben sendo o desenvolvemento normal dun pleno; tendo en conta a “escaseza” de turnos de réplica que o alcalde concedeu aos membros da oposición, mais un pleno correcto…

Pero ao chegar aos rogos e preguntas cambiou a cousa, dando lugar ao titular que acompaña esta nova: a democracia e a transparencia abandoaron o concello, exemplificando unha forma de goberno contraria a calquera democracia:

Ata 9 solicitudes e preguntas formulou o concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez, aproveitando a única oportunidade que se lle deu de respostar ás exposicións do equipo de goberno, sen obter resposta a ningunha, a pesares da insistencia por parte do alcalde ao longo do pleno na transparencia e no acceso libre á información, aspecto cuestionable tal e como se pode aprezar no devir deste pleno, onde o alcalde deixou ver de novo o seu xeito de entender a democracia ao negarlle o turno a réplica novamente, e excusandose en que o concelleiro falara sen permiso ao rebater o argumento do alcalde: “vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana”, expulsouno da sesión plenaria.

Cando as diferenzas de opinión levan a un alcalde a expulsar a un concelleiro dun pleno, podese falar de moitas cousas e por moitos nomes, mais non “democracia”, nin “transparencia na xestión municipal”, e esta, por desgraza é unha situación que non se da so neste concello, senon en moitos outros, por eso é preciso visibilizalas, porque eso si é practicar a democracia e a transparencia, non so de palabra, senon tamén con feitos…