Solicitude de voluntarios para a limpeza de Rabazas na Rúa
O Concello da Rúa ten un problema de acumulación de rabazas tanto no entorno do encoro de San Martiño como no percurso do río desde A Reza ate o propio encorno. A presenza destas algas, que non son perxudiciais para o ecosistema do Sil, si que provoca importantes problemas de olores e poden ademais resultar perigosas para bañistas e pescadores.
Por iso desde este concello, en colaboración co veciño concello de Petín, se decidiu facer unha limpeza manual, que é a que permite a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que dea ao entorno do noso río o aspecto que merece.
A profundidade do encorno implica que para realizar a limpeza hai que facelo a través de embarcacións, polo que se ten previsto utilizar as que Protección Civil posúe en ambos concellos.
A colaboración cidadá é imprescindíbel neste traballo polo que desde o Concello solicitamos a tod@s @s veciñ@s que queiran colaborar como voluntari@s nestas labores se poñan en contacto coa entidade municipal. Así mesmo, se algunha destas persoas dispón do título de patrón de barco e/ou embarcación propia, tamén podería colaborar con ela.
Os traballos desenvolveranse en horario de mañá nos días 31 de Xullo (venres) e 1 de Agosto (sábado).