Sober abre o prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario

  • Os mozos e mozas interesados teñen ata o 16 de novembro para cursar as peticións

 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu conta da apertura do prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario para os estudantes da localidade. Os interesados e interesadas poderán cursas as súas peticións ata o día 16 de novembro.

Os trámites poderán levarse a cabo nas oficinas municipais ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.

Todos os alumnos e alumnas de Sober que cursan estudos universitarios poden optar as becas. O Goberno local trata así de colaborar coas familias mediante esta axuda que concede todos os anos.