Sexta edición do Coworking Ribeira Sacra para emprendedores

  • Aberto o prazo para inscribirse 

 

O Concello de Monforte de Lemos informa que xa está aberto o prazo de inscrición sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022, polo que xa se pode formalizar a solicitude para acceder a unha das prazas do mesmo. O período de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de xaneiro de 2022.

A previsión é que esta sexta edición programa Coworking dea comezo no primeiro trimestre do 2022, logo de que contara cun gran éxito de participación nas cinco edicións anteriores. Por este motivo, agora vólvese a retomar o programa, ante a demanda deste tipo de asesoramento para o acompañamento, maduración e estudo de ideas empresariais na comarca de Lemos.

O 6º Coworking Ribeira Sacra desenvolverase, como nas edicións anteriores, nas instalacións municipais Expolemos, onde se dispón de amplos locais adaptados e idóneos para este tipo de programa.

O Espazo coworking está destinado a aquelas persoas de todas as idades que teñan en mente un proxecto empresarial de calquera sector, xa sexa turístico, gastronómico, de servizos, agrícola, etc..

Ofrecerá asesoramento e titorización gratuíta, aproximadamente durante 6 meses, onde os emprendedores, así como aqueles proxectos de empresa que están na súa fase inicial, recibirán formación e dispoñerán dun mentor que os axudará a validar e lanzar o seu proxecto.

Ademais poderán participar en diversos talleres e eventos con profesionais en comunicación, finanzas, vendas, comercio on-line, entre outras disciplinas, adaptadas a cada un dos proxectos empresariais.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, é impulsado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

INFO e INSCRIPCIONES: Oficina de Promoción Económica e emprego do Concello de Monforte de Lemos (Casitas da Compañía) e no teléfono: 982884775/982884689, ou a través do seguinte enlace:

As persoas interesadas en poñer en marcha algunha nova idea de emprendemento na comarca poden informarse e realizar xa a súa inscrición para recibir asesoramento a través do seguinte enlace:

https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/monforte-de-lemos-6a-edicion

Ou ben na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello de Monforte de Lemos (Casitas da Compañía), así como nos teléfonos: 982 884 775 / 982 884 689

También te podría gustar...