Seminario ‘O Turismo de Natureza na Reserva da Biosfera Transfronteiriça Gerês-Xurés’

imageA Xunta de Galicia e a Rexión Norte de Portugal traballan de xeito coordinado na conservación e recuperación de hábitats prioritarios na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurês. A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, participou onte no seminario ‘O Turismo de Natureza na Reserva da Biosfera Transfronteiriça Gerês-Xurés’.

Verónica Tellado explicou que o carácter transnacional do parque materialízase nunha intensa relación con Portugal, que se manifesta na coparticipación en eventos e proxectos, como as campañas conxuntas para a realización de censos faunísticos, así como no programa de reintrodución da águia real, que está a acadar un éxito notable.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza prevé un orzamento estimado de 2,6 millóns de euros para a execución das liñas de acción da programación 2015-2020 no ámbito do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés , parte das cales desenvolverá con outras entidades de carácter público.

Tellado adiantou que a citada programación contempla 4 eixos de actuación:
• Imaxe e identidade da Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés
• Desenvolvemento socioeconómico
• Conservación da natureza e patrimonio cultural
• Participación social e integración da comunidade e actores que interveñen na Reserva de biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.

Desde o ano 2010, o Goberno galego, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, investiu 221.746,32 euros en actuacións de apoio ao desenvolvemento sostible e á conservación do patrimonio natural na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, que destaca polas súas particulares condicións botánicas, sendo un lugar de referencia para o estudo da flora ibérica.

También te podría gustar...