Segundo a CIG, os orzamentos de Educación para 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades

cigaA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

En representación da PGDEP, Anxo Louzao, lembrou que a educación pública é a única que pode garantir un ensino galego, igualitario, laico, democrático e coeducativo pero que os orzamento do 2015 en lugar de ir na dirección de fortalecelo e amplialo continúan na senda trazada de máis recortes. “Sen o investimento necesario, non é posíbel o dereito á educación de todas e todos nin á igualdade de oportunidades”, dixo.

Na rolda de prensa participaron tamén, en representación da PGDEP, Cosme Pombo, Fernando Lacaci, Sonia García e Alberto Oubiña. Lacaci, en representación das familias lamentou que a Administración educativa rexeite calquera tipo de variación nun camiño que ten paralizado, e nalgúns casos “en estado de coma”, o ensino e puxo o acento nas necesidades de profesorado e de recursos humanos. Sonia García, en representación dos estudantes, insistiu, ao igual que o resto de representantes, na falta de medidas de fomento do galego  malia a perda de galegofalantes e a situación dramática na que se atopa.

También te podría gustar...