DSC_0905

 

Rogelio Martínez visita aos maiores que participan no programa xuntos polo Nadal na residencia tempo libre de Carballino.

O programa “Xuntos polo Nadal” promovido pola Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar comeza a desenvolverse hoxe e ata o 2 de xaneiro na Residencia Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e na de Panxón (Pontevedra). Convocouse, un ano máis, para que aquelas persoas que se atopen soas no Nadal podan pasar estas datas, entrañables e cun marcado carácter familiar, acompañadas doutras que se atopan na mesma situación.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, achegouse ata a Residencia do Tempo Libre do Carballiño para visitar aos máis de 100 maiores procedentes das provincias da Lugo e Pontevedra que viven sos e que viñeron a este centro para pasar acompañados o Nadal, ao abeiro desta campaña.

DSC_0958

 

Os maiores pasarán un total de 11 días e 10 noites neste centro celebrando aquí as festas de Noiteboa, Nadal e Noitevella. O programa practicamente non ten ningún custo para o usuario. Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM asisten de forma gratuíta a esta iniciativa e os resto de participantes colaboran co pagamento da estadía cunha achega de 50 euros. Alí, disporán de aloxamento en pensión completa, de actividades de animación sociocultural e contarán cunha póliza colectiva de seguros, ademais do referido transporte ata os puntos de chegada e partida.

Entre as actividades nas que poden participar podemos destacar xogos populares, karaoke, bailes de salón, ximnasia e visitas guiadas pola zona.

Para a selección dos participantes deuse prioridade aos que realmente viven sos e non teñen con quen pasar estas datas; teñan un menor nivel de ingresos económicos; non participaran neste ano en ningunha quenda do programa de Benestar en balnearios nin en pasadas edicións do programa Xuntos polo Nadal; e, por último, tiveron preferencia as persoas con máis idade.

DSC_0962