Rogelio Martínez celebra cos maiores das tres residencias da Xunta en Ourense a tradicional festa do magosto

magosto

 

As tres residencias de maiores de titularidade e xestión propia da Consellería de Traballo e Benestar na provincia de Ourense – Barbadás, Castro Caldelas e O Carballiño-  celebraron hoxe conxuntamente a tradicional festa do magosto, nas instalacións do centro “Nosa Señora dos Milagres” da localidade de Barbadás. O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, compartiu cos residentes a xornada festiva que incluíu actuación teatral e sesión de baile amenizada por un grupo de gaiteiros, amais da típica degustación das castañas e dun xantar.

También te podría gustar...