O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares, emprazados na localidade ourensá de Viana do Bolo2O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu á celebración da sexta edición da Feira de Artesanía e do Porco Celta do concello ourensán de Cortegada. A feira, que contou cun total de 30 expositores, ofreceu mostras da artesanía galega: téxtil, vidro, cosmética natural ou alimentación e licores. Ademais, o evento complementouse con obradoiros de cestaría para adultos, actividades lúdicas para nenos, teatro, un espectáculo ecuestre e unha concentración de coches clásicos.

A degustación do “porco celta” deu comezo ao mediodía e os visitantes tiveron a oportunidade de escoller entre tres menús diferentes de entre 6 e 10 euros.