Reunión cos aldaldes da área sanitaria de Valdeorras

OS RESPONSABLES DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA SE REÚNEN COS ALCALDES DA ÁREA SANITARIA DE VALDEORRAS

  • Na reunión abordáronse os obxectivos dos servizos sanitarios públicos e as principais áreas de traballo en atención primaria e hospitalaria en Valdeorras

  • O encontro serviu para presentar ao novo xerente e recoller as propostas dos rexedores locais e as necesidades que lles transmiten seus veciños

Urgencias

Urxencias Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV)

Os responsables da sanidade pública de Ourense mantiveron hoxe no Hospital Comarcal de Valdeorras unha reunión cos alcaldes dos concellos desta área sanitaria, para darlles a coñecer os obxectivos asistenciais previstos e recoller as súas propostas ou inquedanzas dos usuarios.

Á reunión tamén serviu para informar sobre os resultados de xestión da actividade asistencial e presentar ao novo xerente, Ciro Cabezas Checchi, que substitúe no seu posto a Guillermina Agulla, así como para para poñer en contacto ao equipo directivo da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras cos novos representantes municipais.

Á reunión, á que estiveron convocados os rexedores de A Rúa, Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Larouco, Petín, Vilamartín de Valdeorras, Viana do Bolo, O Barco de Valdeorras, Rubiá, O Bolo, Manzaneda e Pobra de Trives, asistíu a responsable da Xerencia de Xestión Integrada, Eloína Núñez, o Director de Recursos Económicos, Alberto Pedrera, e a Directora de Procesos Asistenciais sen Ingreso, Isabel Gómez, xunto co equipo directivo do Hospital Comarcal de Valdeorras, que deu a coñecer seus obxectivos en canto a potenciación da Hospitalización a Domicilio extensión desta dentro da área, a consolidación das novas especialidades, posta en marcha de consultas de alta resolución e coordinación cos centros de saúde da área.

Consolidar as novas especialidades

Os responsables sanitarios destacaron que o novo sistema de xestión integral, permite dunha banda coordinar mellor e optimizar os recursos sanitarios da provincia, mentres en paralelo se potencia unha xestión local mais resolutiva, atendendo ás necesidades e características especiais de cada zona e centro.

A xerente de xestión integrada, Eloína Núñez, destacou a vontade do novo equipo para consolidar o modelo de coordinación interhospitalaria, que xa permitíu ofertar directamente desde o HCV novas especialidades como Neuroloxía, Dixestivo, Endocrinoloxía, Reumatoloxía e estender a Cardioloxía, evitando o traslado de pacientes a Ourense para seguir estes tratamentos ou acudir a consulta en todas elas.

Nesta liña, os responsables sanitarios subliñaron a implantación, directamente neste hospital, á vez que no resto de hospitais da provincia, das vías rápidas de Melanoma, Lumbalxia, Demencia e de Cancro Colorectal, de Mama, Vexiga, Pulmón, Próstata e Larinxe.

Outros dos obxectivos estratéxicos previstos para este ano será a posta en marcha do Programa de Atención a Pacientes Crónicos e o de Cribado Colorectal, ademais de continuar na liña de coordinar protocolos de actuación conxuntos, tanto interhospitalarios como entre primaria e especializada, para o manexo das distintas patoloxías e petición de probas diagnósticas.

Asemade, desde Valdeorras continuarase a potenciar as consultas de telemedicina, que permiten a interconsulta directa entre os médicos de familia e os especialistas de referencia no Hospital Comarcal, o que evita moitas veces a repetición de consultas e traslados dos usuarios desde os distintos municipios aos hospitais de O Barco ou Ourense, como no caso das xa existentes para dermatoloxía e oftalmoloxía, implantadas en tódolos centros de saúde de Valdeorras, con seguimento desde o hospital.

También te podría gustar...