Cartaz Guerrillero contra Franco

 

O de Vilamartín de Valdeorras proxectará o video “Guerrillero contra Franco” protagonizado por Quico, conecido guerrilleiro do maqui e da partida de Girón, mañán sábado día 7 de marzo, no Vía Nova.

Con esta proxección se inicia o “primeiro ciclo de memoria, historia e cultura popular”, coa intención de tratar diversos temas entre os que está tamén dar a coñecer a cultura tradicional, da posta en valor do patrimonio local, a historia de Valdeorras e recuperar e por en valor a recuperación da memoria histórica, como un elemento fundamental para o desenvolvemento de unha sociedade democrática e baseada en valores de xustiza e igualdade.

O Colectivo 144 irmáns xa iniciara a súa vida, con unha charla informativa para os emigrantes retornados coa presenza da parlamentaria Tareixa Paz, mais agora, preténdese establecer unha actividade continuada, co compromiso de tratar todo aquelo que sexa de interés para a cidadanía.

Desta volta tratarase a memoria histórica coa intención de ser un petisco de unha serie de charlas ao carón desta temática e proximamente, sairá á luz un calendario de actividades que están por pechar que irán dende a presentación de libros, concertos, charlas e outra serie de actividades coas que se pretende ser unha faísca da cultura e da vida de Vilamartín.

As actividades estarán abertas a todas as persoas que queiran asistir, sexan ou non partícipes do colectivo, de feito a intención é que a pluralidade nas actividades sexa un elemento de conexión entre os e as veciñas, sexan de Vilamartín ou da comarca e convidan a todo o mundo que se queira sumar a participar en todas as actividades, que terán un marcado carácter popular e gratuíto.