Promoción da Feira do Viño de Valdeorras

AEVA E O CENTRO COMERCIAL ABERTO O BARCO COLABORAN NA PROMOCIÓN DA XXIII FEIRA DO VIÑO DE VALDEORRAS

 

AEVA e a asociación Centro Comercial Aberto O Barco colaboran na promoción da Feira do Viño de Valdeorras co sorteo de quince packs consistentes nunha copa oficial do evento e catro degustacións de viño

Os clientes que consuman viño de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes – Asador de Viloira, Bajo 5, Café Bar Zig Zag, Casa Galaica, La Maltería e Piquiño – terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo de quince packs para consumir no recinto da feira os días 9 e 10 de xullo. 

Deste xeito, o sector hostaleiro quere incentivar o consumo do viño da comarca e, ao mesmo tempo, colaborar na promoción da XXIII edición da feira, que se celebra de novo tras o parón de dous anos provocado pola pandemia. 

A promoción se desenvolverá entre hoxe xoves día 23 de xuño e o mércores día 6 de xullo, celebrándose o sorteo o xoves día 7 de xullo, data na que se contactará cos quince agraciados.

También te podría gustar...