- Pola situación sanitaria xeral
A situación sanitaria xeral trae consigo que este ano non haxa Festas do Carme en Sober tal e como se viñan celebrando nos últimos anos.
É por iso que o Concello preparou unha programación cultural e relixiosa que substitúe ás tradicionais Festas.
Haberá misa solemne os dous días, 19 e 20, na Igrexa Nova, música e dous espectáculos familiares, os dous na Praza do Toural. O domingo haberá pasarrúas coa Banda de Música de Sober e a de Chantada.
O Goberno local recorda a importancia de seguir cumprindo coas normas hixiénico-sanitarias, como gardar a distancia, o lavado frecuente de mans e o uso da máscara.
Descubre más artículos interesantes de entre 2014-2024 de CTP en nuestro Archivo Histórico donde hemos seleccionado varios de otro enfoque para que puedan seguir siendo accesibles a pesar de estar desde 2025 enfocados en el Mundo Rural.






