concello do barco cartel cristo 2014

Programa de actividades das Festas do Cristo 2014 no Barco para hoxe luns, derradeiro día das festas deste ano.

Comezará o día ás 11:00h cun percorrido musical polas rúas da vila a cargo do grupo de gaiteiros Celtas Largos.

Á mesma hora, haberá un parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.

Xa polo serán, ás 19:30h, no Malecón nos atoparemos coa actividade Teatro de rúa na cal o grupo Fantoches Baj representará “Velocíclopes”, para todos os públicos, dentro do programa “Cultura no Camiño”.

Xa ás 21:00h, no Teatro Lauro Olmo celebrarase o concerto de Najla Shami, sendo á mesma hora no Campo da Festa do Malecón o último baile das festas amenizado pola orquestra Miramar, con actuacións de tarde e noite.