Programa CUIDARELAX para coidadores de persoas maiores dependentes

Concello de O Barco

O Concello de O Barco acaba de publicar na súa web un programa denominado Programa de apoio ao cuidador, feito por a Unión Democrática de Pensionista e Xubilados de España (UDP), no que se diseñou  respiro e descanso para familiares CUIDARELAX que serve de espazo de encontro e de formación-intervención e cuio fin é apoiar as familias/parella cuidadoras na atención á dependencia das súas personas maiores no seu entorno familiar.

Este programa está dirixido a coidadoras e coidadores, tanto principais como de apoio (parella, irmán/a, fillo/a, outro familiar, amigo/a) que teñan ao seu cargo a unha persoa maior en situación de dependencia.

O programa desenvolverase no Balneario de Laias os seguintes fins de semana: do 1 ao 4 de agosto, do 12 ao 15 de setembro e do 26 ao 29 de setembro. Inclue aloxamento (3 noites en habitación dobre), pensión completa (desde a cea do venres ao xantar do luns, ambas incluidas) e circuito termal.

Aquelas persoas que non dispoñan de recursos de apoio para o coidado do seu familiar en situación de dependencia poderán solicitar os servizos de residencia, centro de día ou SAD que elixan para poder acudir as xornadas, e estos tamén con cargo ao programa CUIDARELAX.

O abono destos servizos será realizado directamente pola organización a entidade coa que se contrate o servizo requerido.

Mais información nos servizos sociais do concello do Barco de Valdeorras-