Certamen de gaitas de ManzanedaNa sala de xuntas do Pazo Provincial tivo lugar a presentación do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; do director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo, e do director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.