Deputación Ourense

 

Mañán lúns, procederase á presentación no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o audiovisual sobre a xira que realizou a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a Rusia, no que se inclúe o concerto ofrecido na Universidade de San Petersburgo.

O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, do director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, da directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, e coa actuación do gaiteiro Marco Foxo.