• O Obradoiro de instrumentos tradicionais da Deputación de Ourense abre o prazo de matrícula do curso 2016-2017

1fachada-deputacin-ou

 

 

O Obradoiro de instrumentos tradicionais da Deputación de Ourense abre a convocatoria para iniciar o novo curso 2016-2017. Os alumnos interesados poden formalizar a matrícula no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” entre o 19 de setembro e o 7 de outubro. O curso será impartido por Manuel Brañas no Obradoiro Provincial de Instrumentos da Deputación de Ourense. As clases comezarán o 17 de outubro.