cigaPerto de 180.000 galegos e galegas cobran 150 euros ao mes, segundo os datos facilitados recentemente polo sindicato CIG que fixo un estudio sobre as remuneracións na nosa comunidade. Supón un 18,2% das persoas asalariadas que hai en Galicia e no que se suliña que a taxa de paro real e do 35%. “Estamos en situación de emerxencia nacional”.

“Estas traballadoras e traballadores figuran como ocupadas e como tal son consideradas nas estatísticas e nas listaxes da Seguridade Social mais, ¿realmente podemos consideralas como tal?”, preguntábase Natividade López, responsábel do Gabinete de Economía da CIG.

Dos datos da EPA de 2014, obtense que o pouco emprego que se creou entre a poboación asalariada foi todo temporal e que, xunto a isto, descendeu o número de asalariad@s con contrato indefinido, co cal se produciu un medre da taxa de temporalidade.Os datos son ademais moi elocuentes porque evidencia que non só medran os contratos temporais, senón que a súa duración é moi escasa. De feito, o 36,2% duran menos de 6 meses”.