aemetNestos intres atópanse pechadas as seguinte estradas:

  • OU-122 (ou-122 Alto de Casaio (1.785 m)) p.q. 24 a 26,32
  • OU-121 (O Barco de Valdeorras (N-536) – Prada) p.q. 12 a 26,18
  • OU-121 (ou-121 Alto da Portela (1,124 m)) p.q.13 a 17
  • OU-122 (Sobradelo (N-536) – Lím. prov de Zamora) p.q.14 a 26,32

A Xunta recomenda extremar as precaucións ante as condicións meteorolóxicas adversas nestas xornadas, pola presenza de placas de xeo e neve que poden persistir, especialmente nas zonas de sombra e sobre todo nas primeiras horas do día.

Débese de circular con precaución nas estradas:

  • OU-123 (OU-122 -Casaio) p.q. 0 a 1,19
  • OU-622 (O Barco de Valdeorras – Lím. prov de León) p.q.16 a 21,94
  • OU-622 (ou-622 Alto de Oulego (845 m)) p.q. 20 a 21,94
  • OU-533 (A Gudiña (N-525) – A Rúa (N-120)) p.q.0 a 4
  • OU-533 (A Gudiña (N-525) – A Rúa (N-120)) p.q. 22 a 33
  • OU-533 (ou-533 Alto do Covelo (1.040 m)) p.q.27 a 29

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección de acorde coas especificidades climáticas descritas, tales como pode ser evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Recomendacións ante a ola de frío Nas vindeiras horas agárdase unha baixada considerable das temperaturas, polo que é importante que recordes que o uso de estufas de combustión de gas e/ou carbón en habitacións sen a ventilación axeita pode ocasionar asfixia. Tamén, cómpre que saibas que é mellor abrigarse con moitas prendas lixeiras e folgadas que con outras axustadas. Deste xeito, garantimos que o aire circule e actúe de illante. Ademais, é importante evitar que a friaxe entre nos pulmóns. Un bo pucho e unha boa bufanda son as mellores armas.

Nestes días de frío intenso, presta especial atención ás persoas maiores, nenos, enfermos e indixentes. As persoas de avanzada idade deben ter reservas da medicación que tomen a cotío e aquelas que padezan do corazón que prescindan de saír á rúa. Este frío é unha tensión extra para eles nada aconsellable. Se o precisaras, lembra que podes pedir a Protección Civil e aos servizos sociais información sobre os refuxios temporais ou centros de asistencia

Na casa, revisa os tellados e baixadas de auga, os peches das ventás e as portas en contacto co exterior; ten sempre a man velas, lanternas con pilas de reposto, estufa e cociña de cámping; desconecta os aparatos eléctricos que non sexan necesarios; procura que as estufas de carbón, eléctricas e de gas estean afastadas de cortinas e mantén unha billa lixeiramente aberta co fin de evitar roturas por conxelación das canalizacións

Se tes que desprazarte, procura evitar a viaxe en coche sempre que non sexa imprescindible. Utiliza o transporte público. Se a viaxe é inevitable, procura non viaxar só e revisa o teu coche a fondo antes de saír: freos, pneumáticos, sistema de iluminación, líquido anticonxelante, buxías… Infórmate da situación meteorolóxica e do estado das estradas na zona á que te dirixas; evita conducir de noite, os perigos son máis difíciles de detectar e antes de saír, infórmate de onde se encontran os lugares de refuxio na ruta que pensas seguir (albergues, hoteis). Ademais, leva no coche radio, pa, corda, unha lanterna, un teléfono móbil e roupa de abrigo. Tamén algún alimento rico en calorías (chocolate, froitos secos…). Leva o depósito de gasolina cheo, repoñendo cada 100 quilómetros aproximadamente.

Ao volante, se o temporal o sorprende dentro do coche debe permanecer dentro del; se o mantés en marcha coa calefacción posta, deixa unha xanela entreaberta para renovar o aire e evita quedar durmido; deixa un pano colgado da antena para chamar a atención; manteña limpo de neve e desbloqueado o tubo de escape para evitar que os fumes entren ao coche; se hai neve dura ou xeo, poña as cadeas e conduza con marchas curtas e sen cambiar bruscamente de dirección e non pises o freo ao rodar sobre un tramo xeado, é preferible que o coche cruce o tramo por si mesmo