Parada de Sil: proxectos culturais e obras de abastecemento

  • A Deputación colaborará co Concello 
  • O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo onte un encontro de traballo co alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e o edil de Cultura, Francisco Magide

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo onte no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, no que se analizaron novas propostas de cooperación entre ambas administracións.

O presidente do goberno provincial avanzou o compromiso do goberno provincial cunha obra de abastecemento proposta polo rexedor, “unha cuestión fundamental despois dun ano tan complexo como este”, segundo remarca Aquilino Domínguez.

 

Na reunión, na que estivo presente o edil de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide, Manuel Baltar tamén garantiu o respaldo da Deputación de Ourense a tres iniciativas arredor da dinamización cultural e turística do concello. En concreto, o goberno provincial respaldará un programa de concertos que se organizará no mosteiro de Santa Cristina; apoiará o servizo de bus lanzadeiras entre Parada de Sil e o propio mosteiro; e colaborará economicamente na dotación de persoal do Museo do Chocolate de Galicia. 

También te podría gustar...