Ruta Camiño Real de San Pedro de Rocas en Esgos

 

Para hoxe temos a Ruta Camiño Real de San Pedro de Rocas en Esgos (PR GR4).

A ruta descorre por unha congostura que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este “Camiño Real” constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense.

Destaca-lo peto de Ánimas de Meiroá, pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico fundado no año 573. O mosteiro ofrece unhas vistas sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar.

Comezará as 15:00h dende o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, antiga casa prioral e nela