¿Pálpanse en Valdeorras os cambios no mercado laboral que presentou hoxe o 5º informe do Observatorio Económico Ourensán?

Oficina de empregoO presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou hoxe o 5º informe do Observatorio, que reflicte que o paro baixou nas 12 comarcas e en 82 concellos da provincia de Ourense e nel se mostra un cambio de tendencia no mercado laboral xa é a primeira vez en sete anos as afiliacións á Seguridade Social crecen en taxa interanual en Ourense, además de ser a provincia de Galicia con menor porcentaxe (3%) de peches de centros de traballo, e 82 municipios presentan hoxe menos desempregados que hai un ano.

¿Pálpase en Valdeorras estos datos?

Os diferentes bloques de análise do Observatorio coinciden nunha mesma realidade, a do cambio de tendencia desde os números negativos aos positivos, especialmente nas variables máis relacionadas co ámbito laboral. Como primeira novidade en toda a serie da crise, destaca o crecemento das afiliacións en taxa provincial a doce meses, cunha subida do 1,1%, moi en liña coa taxa media de Galicia.

Por segundo semestre consecutivo, a taxa diminúe en cada unha das doce comarcas ourensás. Tres delas mesmo están conseguindo acortar o paro a unha velocidade superior ao 15%, e outras dúas, A Limia e O Ribeiro, lógrano ao 13 e ao 11,5%, respectivamente.

O Observatorio da Deputación salienta ademais que en 40 concellos ourensáns a redución do paro interanual acada o dobre díxito, entre eles seis das doce cabeceiras comarcais, lideradas por Bande (-19%) e O Barco de Valdeorras (-17%).

¿Percíbese na comarca que a redución do paro en O Barco de Valdeorras e a segunda mayor da provincia en concellos cabeceiras comarcais chegando a este 17%)

É que esta información no deixa de estar sesgada, xa que pese a que o dato anterior é positivo, o descenso do paro por exemplo no Barco, non é menos certo que salvo en Allariz-Maceda, Valdeorras é a comarca que tivo más incremento do paro desde que comezou a crise, o cual, en boa lóxica implica que sexa das que teña que reducir logo mais o paro como vese nese 17%. Non é que esteamos mellor, se non que estase a recuperar parte do moito emprego que se perdeu desde o inicio.

A esto se lle suma que Valdeorras empeorou a perda neta de centros de traballo desde o 2013.

También te podría gustar...