864a58_720db1839f0e462baac205182b145183.png_srz_p_244_61_75_22_0.50_1.20_0.00_png_srzA Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense, é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 23 e 28 de Marzo do 2015.

ICCWEEK é moito máis que unha feira profesional. É un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Músical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos.

Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades que poñerán en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21.

Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que encontarán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.

Visión

  • Posicionamento, promoción e difusión nacional da marca Ourense.

  • Exposición nacional de marcas, artistas, institucións e profesionais da escena empresarial local.

Obxetivos

  • Presentar Ourense como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais.

  • Atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.

  • Deseñar e desenvolver programas e accións que impliquen os cidadáns e empresas locais.

  • Transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios.

  • Dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.