Ourense gardou un minuto de silencio con motivo da conmemoración do Día Mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez sumouse ao acto que, en en memoria das vítimas de accidentes de circulación,  convocou a Subdelegación do Goberno e a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a través da Xefatura Provincial.

O acto consistiu en gardar un minuto de silencio con motivo da conmemoración do Día Mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico, que se celebrou onte, terceiro domingo de novembro. A mensaxe que se difundiu este ano é o da importancia de favorecer as condicións nas nosas contornas viais para combater o dano asociado á velocidade excesiva.

También te podría gustar...