Os nenos de Valdeorras poderán ir a Oca Manzaneda co programa «Esquiou 2016» do 22 ao 24 de febreiro

  • «Esquiou 2016» abre o prazo de inscripción
  • A Deputación de Ourense promove esta iniciativa deportiva en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda

0RF presentacin programa Esquiou 2016

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar esta mañá a presentación do programa de «Esquiou 2016». No acto estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o director da estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

A Deputación de Ourense promove esta actividade deportiva en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda coa que pretende «achegar o esquí aos rapaces e rapazas da provincia de Ourense de idades comprendidas entre os 9 e 12 anos», asegurou Rosendo Fernández, e engadiu que Esquiou 2016, «ofrece un completo programa de actividades, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias».

En total, poderán participar 735 nenos e nenas da provincia de Ourense, divididos en sete quendas de 105 persoas por quenda. A inscrición poderá realizarse a través da web da Deputación de Ourense a partir de hoxe e ata tres días antes do inicio da actividade da quenda, «as prazas iranse cubrindo por rigoroso orden de inscrición polo que, quen prevea participar é mellor realizar a inscrición canto antes e no caso de quedar sen praza na quenda que lle corresponde por localización xeográfica, poderá reasignarse por rigorosa orde de inscrición a outras quendas se teñen prazas baleiras», afirmou Bernardino González.

A primeira quenda terá lugar entre os días 18 a 20 de xaneiro para rapaces e rapazas de Terra de Celanova e Baixa Limia, a segunda quenda do 25 ao 27 de xaneiro para Allariz, Maceda e A Limia. No mes de febreiro, do día 1 ao 3 para O Ribeiro e O Carballiño, do 8 ao 10 para Ourense, do 15 ao 17 para Verín e Viana, do 22 ao 24 para Valdeorras e dos días 29 de febreiro ao 2 de marzo para rapaces e rapazas de Terra de Caldelas e Terra de Trives.

As actividades desenvolveranse de luns a mércores (dúas noites e tres días), «para dedicarlle máis atención aos nenos e nenas participantes e se sintan máis arroupados polos profesionais e non sintan o abafo do fin de semana», asegurou Gustavo Sanmartín que engadiu «a experiencia do ano pasado foi estupenda a xente quedou moi satisfeita co programa e espérase que este ano se cubran de novo todas as prazas».

Pola súa banda, Juan Anta destacou a importancia da colaboración entre a Deputación de Ourense e a estación Oca Nova Manzaneda, para realizar este tipo de actividades deportivas «que permite achegar o deporte de montaña aos rapaces e rapazas da provincia».

También te podría gustar...