Os Bolechas visitarán O Barco mañán sábado

Foto: Xunta

Foto: Xunta

Este sábado, 11 de abril, os populares personaxes de animación creados por Pepe Carreiro, estarán no Barco como parte do percorrido que farán por nove concellos da provincia de Ourense patrocinados pola Deputación Provincial.

«Os Bolechas van a Ourense» é unha proposta de dinamización para o público infantil para dar a coñecer os valores da provincia. Os Bolechas xunto ao autobús de dous pisos, o seu coche r4 e todas a súas actividades estarán este sábado, 11 de abril, na praza do Concello do Barco en horario de 12h30 a 14h30 e de 16h30 a 20h30.

Na caravana dos Bolechas os rapaces poderán participar en múltiples actividades como karaoke, taller de debuxo, taller de chapas, cine, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos, música e animación. Os participantes que se acheguen á caravana levarán de agasallo o libro «Os Bolechas van a Ourense», onde os Bolechas percorren a provincia de Ourense coas súas aventuras. Ademais deste agasallo todas as nenas e nenos do concello que se acheguen á caravana poderán participar no sorteo de lotes de libros.

También te podría gustar...