Observación astronómica nocturna en Monforte

Hoxe martes 4 de outubro ás 21:00 horas o Concello de Monforte organiza na praza da Compañía unha observación astronómica nocturna baixo o título “A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño. O teu Xacobeo”.

O Concello de Monforte programa esta actividade de divulgación astronómica nocturna en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Do mesmo xeito, conta co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo dentro do programa O teu Xacobeo.

O propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. O proxecto mergullará ós participantes no mundo da astronomía mediante a visión nocturna tanto a simple vista como con telescopios.

También te podría gustar...