Obra «As que limpan», da compañía A Panadería en Monforte

  • Monforte acolle unha nova peza teatral para público adulto 
  • Trátase da derradeira obra do ciclo de teatro que o Concello organizou para o primeiro semestre deste ano 2022. Será hoxe xoves 19 de maio no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas
  • Esta obra está dirixida a público adulto e o prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes

 

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, hoxe xoves 19 de maio ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra para adultos As que limpan, da compañía A Panadería, obra composta por Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Paula Carballeira, dirixida por A Panadaría e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

É a derradeira cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios deste primeiro semestre de 2022 en Monforte.

 

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

A venta de entradas será ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. 

 
Sinopse

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

 

 

También te podría gustar...