O Proxecto Ariem 112 premiado como a mellor iniciativa europea de cooperación internacional en emerxencias

  • O Proxecto Ariem 112, desenvolvido pola Xunta, obtén o premio como mellor iniciativa europea de cooperación internacional en emerxencias
  • A Asociación Europea do Número Único de Emerxencias recoñeceu esta iniciativa da Axencia Galega de Emerxencias, xunto con Castela e León e Portugal

77O proxecto Ariem 112, desenvolvido pola Axencia Galega de Emerxencias, xunto coa Axencia de Protección Civil de Castela e León e a Commissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal, foi recoñecido onte como mellor proxecto europeo de Cooperación Internacional en materia de Emerxencias pola Asociación Europea do Número Único de Emerxencias (EENA).

O Proxecto ARIEM 112 resultou finalista xunto ao proxecto presentado polo Ministry of Security de Bosnia e Herzegovina dentro desta categoría de cooperación internacional en materia de emerxencias.

Este proxecto europeo permitiu impulsar e promover a cooperación e colaboración transfronteiriza, acadando así unha mellor resposta ante as emerxencias. Fíxose unha análise de métodos e modelos de xestión nos centros de atención ás emerxencias 112, establecendo novos protocolos de actuación conxunta, así como dotación de recursos materiais, informáticos e de comunicacións no eido da cooperación transfronteiriza.

Entre todas as administracións implicadas traballouse co fin de que os habitantes da zona tranfronteiriza estean máis seguros e dispoñan dun óptimo servizo de xestión e de atención das emerxencias, e que a fronteira en definitiva, non sexa xa unha liña que divida senón que una rexións.

A Asociación Europea do Número Único de Emerxencias (EENA), xa convidara á Axencia Galega de Emerxencias a participar no seu congreso anual do 2014 celebrado na cidade de Varsovia (Polonia) coa exposición do proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM 112, por considerar que esta iniciativa era de sumo interese e utilidade para os asistentes, así como un claro exemplo de boas prácticas.

A EENA é unha Asociación sen ánimo de lucro creada en 1999 e con sede en Bruxelas encargada de velar polos intereses dos centros 112 de toda Europa, cuxa premisa fundamental é a de servir de plataforma neutral de debate entre as autoridades, servizos de emerxencias, industria e cidadáns, co obxectivo de conseguir unha eficiencia e unhas telecomunicacións harmonizadas e axustadas ás necesidades dos cidadáns. A Asociación Europea de Números de Emerxencia (EENA), é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1999 e con sede en Bruxelas encargada de velar polos intereses dos centros 112 de toda Europa, cuxa premisa fundamental é a de servir de plataforma neutral de debate entre as autoridades, servizos de emerxencias, industria e cidadáns, co obxectivo de conseguir unha eficiencia e unhas telecomunicacións harmonizadas e axustadas ás necesidades dos cidadáns.

454

También te podría gustar...