O Museo Arqueolóxico provincial de Ourense colabora co Gothic Ivories Project da Universidade de Londres

sala_san_francisco2_museo_arqueologico_orense_mgt.jpg_1306973099O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, foi invitado no ano 2014 a colaborar no ‘Gothic Ivories Project’, un interesante proxecto patrimonial, impulsado polo ‘Courtauld Institute of Art’, institución educativa integrada na Universidade de Londres. Un ano despois danse a coñecer os resultados deste importante proxecto, e o museo ourensán aporta unha peza magnífica: unha delicada folla de díptico de orixe francés, do século XIV, na que aparece representada a Virxe Gloriosa entre dous anxos turiferarios baixo unha arcada gótica.

Este proxecto está dirixido polo profesor John Lowden e pola doutora Catherine Yvard e ten por obxecto reunir e difundir os marfís góticos dispersos por todos os museos e coleccións do mundo. O traballo ponse ao dispor do público a través dun catálogo electrónico que permite facer buscas por iconografía, procedencia, orixe, restauracións e substitucións, falsificacións modernas, e outros aspectos relevantes para o coñecemento destas destacadas pezas. Na web do proxecto pódese consultar a ficha completa, así como as fotografías de detalle deste fermoso marfil.

Este corpus do marfil gótico está auspiciado polo ‘Courtauld Institute of Art’, unha organización especializada no estudio da historia da arte. Trátase dunha das institucións máis prestixiosas do mundo académico para o estudio da historia e a conservación da arte e a arquitectura.

También te podría gustar...