O Mago Teto co Apalpador no Barco

  • Dentro da programación de Nadal e Reis do Concello do Barco o Mago Teto chega hoxe 28 de decembro ás 20.00 h co Apalpador á Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán

 

Mago Teto

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia malia súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos goza de gran popularidade e recoñecemento.

Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa como “O Afiador”, espectáculos de gran formato para teatros como “A Maxia da Santa Compaña”, «Os anos 80 vistos polo Mago Teto» ou o recente «Íntimo (A viaxe da miña vida)» e outros máis polivalentes como os seus clásicos “Tolemaxias” e “Perto de Ti”.

Tamén conta no seu curriculum con experiencia como coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español.

Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

También te podría gustar...