O Foro Climatlantic presenta resultados e solucións no ámbito da sostibilidade

Deputación Ourense

 

Mañá mércores, 1 de outubro, celebra unha sesión no centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense

O Foro «De Climatlantic a Climatlantic + » celébrase mañá mércores, 1 de outubro, a partires das 10.00 horas, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de la Deputación de Ourense. Ten por obxectivo presentar os resultados do traballo realizado durante os últimos catro anos para identificar medidas e solucións no ámbito da enerxía, a sostibilidade e o transporte, dirixidos a fomentar medidas de adaptación, ao cambio climático e redución de pegada de carbono a escala local.

Este foro contará coa presenza dos responsables da Estratexia Marítima Atlántica en España e Portugal, así como representantes da Comisión Europea, a Autoridade de Xestión do programa Interrg Espacio Atlántico e o Secretariado Conxunto de dito programa, ademais de representación dos principais sectores vinculados á actividade marítima.

O foro está organizado pola Deputación de Ourense e o Eixo Atlántico dentro do proxecto europeo Climatlantic ao amparo do programa Interrg-Espacio Atlántico.

PROGRAMA

10h00 – INAUGURACIÓN

Sr. Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.

Sr. Xoán Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo Atlántico.

Sra. Isabel Concheiro Rodríguez Segade, secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia

Sr. Agustín Fernández, alcalde de Ourense

10h30 – «Estratexía Marítima da UE: o futuro do Espazo Atlántico»

Sr. Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do EixoAtlántico”

Sr. José A. Ruiz de Casas, Comisión Europea, DG REGIO

Sra. Belén Núñez-Lagos Bau, membro da Unidade de Apoio para a Estratexia Marítima na Dirección Xeral de Coordinación de Políticas Comúns e Asuntos Xerais da Eu. Goberno de España.

Sra. Eng. Conceiçao Santos, directora de Servizos da Estratexia Marítima.Portugal.

Sra. Teresa Lameiras, vogal da Autoridade de Xestión do programa Interreg Espazo Atlántico

12h30- “De climatlantic a Climatlantic +”

Presenta e modera: Sr. Daniel Clement, director do Secretariado Espazo Atlántico.

Presentación de Climatlantic+. Sr. Ricardo Bento, Eixo Atlántico.

Pilar Mobilidade: Sr. Dominique Breuil, experto en mobilidade.

Pilar Enerxía: Sr. Sheevaun Thompson, TCC, Irlanda.

Turismo: Romain Le Pemp, de Turismo de Francia.

Conferencia de Cidades do Arco Atlantico. Sra. Tamara Guirao, coordinadora.

15h30 – DEBATE. “Outra visión da estratexia marítima da UE. Impacto do mar 200 km. terra adentro”.

Presenta e modera: Sr. Javier Rodríguez Novoa.

Sr. Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos.

Sr. Aníbal Blanco, presidente do Clúster da Loxística e o Transporte de Galicia.

Sr. Emilio Brogueira Dias, presidente do RETE.

17h30 – CLAUSURA

  1. Rosendo Fernández,  vicepresidente da Deputación de Ourense

 

 

 

También te podría gustar...