O dúo sarriao The Lioness Treasure nos «Xoves de Terraceo»

 
Dous establecementos locais da Pobra de Trives, O Boliche e A Cantina do Catro, decidiron recuperar o bo ambiente de verán pre-pandemia na terraza que comparten. E para iso, presentaron a principios de mes unha programación de música en directo, en pequeno formato e baixo o título «Xoves de Terraceo», na Praza Doutor Paz desta localidade. 
 
 
Despois do éxito acadado o pasado 8 de xullo coa formación «Carta de Ajuste», volve a música a Trives este xoves 22. Neste caso da man do dúo sarriao The Lioness TreasureA actuación será de balde e comezará ás 22:00 h.
 
 

THE LIONESS TREASURE

É unha banda de versións formada por músicos de Sarria a principios do 2019.

O seu repertorio componse maioritariamente de temas que veñen de estilos tan distintos como o soul, o R&B, o pop, a música mexicana, portuguesa, galega…

Teñen tocado en salas carismáticas como o Clavicémbalo de Lugo e participado en programacións culturais en Galicia e en Asturias. Este ano acompañan coa súa música e voz as presentacións dunha exposición de Xela Arias que está percorrendo toda a provincia de Lugo co patrocinio da Deputación Provincial.

Compoñen The Lioness Treasure, Nerea Iglesias á voz e Borja López á guitarra. Os dous son de Sarria, membros do colectivo local ‘Asociación Cultural Rúa da Música’. Borja ademais está diplomado en maxisterio musical e grado 8 de Rock School en guitarra eléctrica compaxinando profesionalmente o seu traballo como profesor coa actividade como músico en diferentes formacións musicais.