xunta-de-galicia-300x135O director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiron esta mañá a entrega de premios do Concurso de Relatos A Farixa 2015, que organiza cada curso o centro integrado de formación profesional ourensán. Este ano o certame contou coa participación de 620 relatos de autores procedentes de 18 países diferentes.

Na súa intervención o director xeral de Educación destacou o enorme éxito que está a acadar este concurso “que pasou dos 37 participantes do primeiro ano ós 858 do ano pasado” e “vaise confirmando como cita literaria que atrae a escritores de todos os puntos do mundo, estimulando a creación”. A aceptación é tal que este ano a organización non tivo máis remedio que endurecer as bases de participación xa que, en palabras do propio Manuel Corredoira, “corre o risco de morrer de éxito”.

Neste sentido, o director xeral de Educación, felicitou tanto á organización do certame coma os autores que “débense sentir ben orgullosos do traballo desenvolvido”.

Os galardoados desta edición foron, co primeiro premio, Raúl Clavero, polo relato “Siempre-Fresco”; co segundo premio Jonathan Martínez, por “Cuenta Atrás”; e no terceiro lugar Herminia Dionís, por “De Humani Corporis Fabrica Libri Septem”

As obras participantes optar por unha temática libre, cunha extensión non superior os cinco folios, quedando limitadas a un máximo de dúas obras por autor. No marco do fomento da participación, habilitouse un sitio web oficial para o envío das pezas, facilitando así a entrega das mesmas.